hamburguesa
hamburguesa
(< ingl hamburg)
s
f
[ALIM]
Masa de carne de vaca ou de tenreira picada, de forma plana e redondeada, a miúdo condimentada con manteiga, allo, perexil, cebola e ovo. A hamburguesa foi levada aos EE UU polos emigrantes alemáns en 1850, e ao cabo duns anos converteuse no arquetipo de comida americana. Adoitase comer como bocadillo, a miúdo acompañada de condimentos (cogombro, cebola, leituga, tomate, queixo, etc) ou salsas (ketchup, maionesa ou outras).