Hameln [Hamelin]

Hameln [Hamelin]

Cidade do land da Baixa Saxonia, Alemaña, situada ao SO de Hannover, á beira do río Weser (58.300 h [1991]). É coñecida pola lenda do Frautista de Hamelin, que parece que fai referencia ao éxodo real dos infantes e mozos para colonizar o L de Alemaña durante o s XIII. Do seu patrimonio cultural destacan Bürgerhaus (s XVI) e Rattenfängerhaus (s XVII).