Hamilton, William Rowan

Hamilton, William Rowan

Matemático. Estudiou no Trinity College de Dublín e ocupou a cátedra Andrews de astronomía. Foi director do observatorio de Dunsink. Realizou traballos sobre óptica que axudaron a demostrar a natureza ondulatoria da luz; non obstante, a súa obra máis importante foi a dos cuaternios. En 1833, definiu nun artigo que a álxebra dos números complexos era unha álxebra de pares ordenados de números reais. A aplicación física do sistema de números complexos é útil para o estudo dos vectores e das rotacións do plano. Intuíu a posibilidade dun sistema de números análogo para o estudo dos vectores e das rotacións do espazo tridimensional. Nas súas investigacións considerou cuádruplos ordenados (a, b, c, d) de números reais, tendo inmersos neles tanto os números reais como os números complexos; denominounos cuaternios (reais). Definiu a suma e a multiplicación dos cuaternios, e puido verificar as propiedades asociativas e conmutativas da suma e que a multiplicación é asociativa e distributiva en relación á suma, polo que demostrou a nulidade da propiedade conmutativa para a multiplicación. Tres cuartos de século máis tarde, a álxebra non conmutativa ía ser a base da mecánica cuántica e tamén serviría para a propia comprensión da estrutura interna do átomo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dublín

  • Deceso