Hamlet

Hamlet
[LIT]

Traxedia de Shakespeare, escrita en 1601 e refundada definitivamente en 1606. Parte dun tema probablemente de Thomas Kyd (1580?), baseado na lenda escandinava do príncipe Hamleth, e das Historias Tráxicas de Belleforest, o autor narra a historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, e a loita co seu tío Claudius, asasino do seu pai, usurpador do trono. Hamlet é un dos mellores personaxes símbolo do shakesperianismo, e representa a dúbida.