hammadita

hammadita

(< ár ḥammādī)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hammaditas.

  2. s [HIST]

    Membro da dinastía bérber ṣanhāyī que gobernou Magreb Central entre o 1017 e o 1152. Vasalos dos fatimitas do Cairo, declaráronse independentes en tempos de Ḥammād ibn Buluǧǧīn (1016) e instalaron a capital do novo estado na cidade de Qal’at banī Ḥammād; aínda que posteriormente a trasladaron, con vistas a favorecer o comercio marítimo, a Bougie (1091). En 1152 integráronse no Imperio Almohade.