Hammurabi

Hammurabi

Sexto soberano da dinastía I de Babilonia, fillo de Sinmuballit. Aproveitouse dun período de decadencia de Asiria e emprendeu unha longa campaña contra Rim-Sim de Larsa na que lle arrebatou paulatinamente os territorios de Isine, Uruk (1786). Entre 1782 a C e 1763 a C mantivo unha etapa de intensa actividade diplomática coas potencias da época (Asiria, Larsa, Mari e Ešnunna). Desde o 1762 practicou unha política expansiva na que conquistou Larsa, Mari (1760 a C) e Ešnunna (1755 a C) e someteu toda Mesopotamia. O seu imperio abarcou os territorios de Sumer, Acad e Elam. No interior tentou integrar os diferentes pobos nunha estrutura nacional, unificada ao redor da lingua, a administración e a xustiza. Unha proba deste impulsou foi o Código de Hammurabi, baseado na lei do talión que identificaba o castigo co dano causado, e que recolle as diferencias sociais como principio para avaliar as penas e os castigos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Babilonia