Hampton Court Palace
Hampton Court Palace
Conxunto de edificios iniciados en Inglaterra polo cardeal Thomas Wolsey (1514). Obra mestra da arquitectura Tudor, foi palacio real de Enrique VIII de Inglaterra, que o ampliou e instalou nel o reloxo astronómico. En 1689 sir Christopher Wren iniciou unha reconstrución de ladrillo enriquecido con pedra de Portland, típico exemplo do Renacemento inglés tardío.