Hannover

Hannover

Territorio de Saxonia, en Alemaña setentrional. Formou parte do principado de Calenberg e do Ducado de Brunswick, e en 1692 converteuse en electorado do Sacro Imperio. Os seus dominios estendéronse a outros territorios do antigo Ducado de Brunswick, baixo Xurxo Ludovico de Hannover. Formou parte do Reino Unido entre 1714 e 1837, pero foi ocupado por Napoleón Bonaparte en 1803, quen llo cedeu a Prusia (1806). Invadido novamente polos franceses (1807), tralo Congreso de Viena (1814) recoñeceuse a súa independencia como reino. En 1866 integrouse en Prusia como unha das súas provincias.