Hanoi
Hanoi
Capital de Vietnam, no delta do Sông Nhi Ha (920 km2; 2.154.900 h [1993]). Porto fluvial e encrucillada de ferrocarís e estradas, é un núcleo industrial e centro comercial moi activo. Fundada polos chineses no s IX, foi sede de varias dinastías chinesas e en 1427 converteuse na capital de Tonquín. Factoría holandesa desde 1638, converteuse en 1887 na sede do goberno xeral da Indochina francesa. En 1945 erixiuse en capital da República Democrática de Vietnam polo que foi duramente bombardeada durante a Guerra de Vietnam. Do seu patrimonio cultural destacan o pagode do Único Piar e o mausoleo de Ho Chi Minh.