hapálido -da

hapálido -da

(< lat científico Hapale)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hapálidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Primate da familia dos hapálidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de primates platirrinos formada por individuos que teñen entre 10 e 20 cm, con cabeza arredondada, a cara longa e pilosa e os ollos relativamente grosos. Comprendía os chamados titís, que habitaban en grupos nos bosques tropicais de América Central e do Sur.

Palabras veciñas

Hansen, Emil | Hansen, enfermidade de | Hansson, Ola | hapálido -da | hápax | Hapi | haplo-