Hapi

Hapi
[MIT]

Divindade exipcia, personificación do río Nilo. Considerado o pai dos deuses, posuía poderes tanto masculinos como femininos. Nalgúns textos antigos representábase como un ser cunha forza destrutiva, simbolizando as inundacións causadas tan frecuentemente polo río, e tamén cos seos cheos indicando a súa fertilidade e poderes nutritivos. Adoita levar plantas acuáticas na cabeza, de papiro ou loto. As súas mans espallan o símbolo da vida ao suxeitaren unha bandexa con alimentos (peixes, patos, ramos de flores e espigas) ou ao verteren auga de xerras.