Hardouin-Mansart, Jules

Hardouin-Mansart, Jules

Arquitecto, sobriño de François Mansart. Seguidor do estilo de Louis Le Vau, nomeárono arquitecto real en 1675. Desde 1678 ocupouse da ampliación de Versailles, onde fixo a Galería dos Espellos, a capela, a Orangerie e o Grand Trianon. Construíu o castelo de Marly (1679-86), e traballou nos de Dempierre e Maintenon, e no convento de Saint-Cyr (1686). En París fixo a praza das Vitoires (1686), a praza Vendôme (1699) e a cúpula de Saint-Louis-des-Invalides (1677-1706).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Marly