Harlow

Harlow

Cidade do condado de Essex, Inglaterra, suburbio residencial da conurbación de Londres (79.276 h [1993]). É unha das cidades novas creadas en 1947 para regular o excesivo crecemento demográfico metropolitano. A actividade industrial comprende artes gráficas, metalurxia e fabricación de instrumentos de precisión e médico-cirúrxicos.