harmónica

harmónica

(

  1. s f [MÚS]

    Instrumento aerófono formado por unha serie de lingüetas libres, colocadas en pequenos condutos aliñados nunha caixa dotada de aberturas. Este instrumento, que data do s XIX, está moi perfeccionado. Milhaud e Vaughan Williams escribiron obras para o virtuoso Lany Adler. Na clasificación organolóxica moderna, chámase harmónica aos aerófonos nos que o son se produce mediante a vibración de lingüetas metálicas cunha corrente de aire ilimitado. Neste grupo inclúense instrumentos como o harmonio ou o acordeón.

  2. harmónica de cristal [MÚS]

    Instrumento idiófono que consiste nun conxunto de cuncas de vidro montadas de xeito coaxial sobre un eixe horizontal que xira dentro dunha cubeta chea de auga que as humedece constantemente, mentres unhas lingüetas de coiro, accionadas mediante un teclado, rozan o canto das cuncas e provocan unha vibración. Algúns compositores, como Gluck, Mozart ou Donizetti, escribiron pezas para este instrumento. Tamén se denomina glasspiel.

Palabras veciñas

harmatán | Harmodio | harmonía | harmónica | harmónico -ca | harmonio | harmonioso -sa