harmónico -ca

harmónico -ca

(< lat harmonĭcu < gr ἁρμονικός)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á harmonía.

    2. Que produce ou ten harmonía.

  2. adx e s [MÚS]

    Aplícase aos sons secundarios ou concomitantes nos que se descompón un son musical. Prodúcense en forma de serie ascendente que soa xuntamente co son fundamental; a miúdo non son identificables, agás por expertos, ou non son percibidos, por mor da súa debilidade.

  3. s m [MÚS]

    Nome que, nun órgano, recibe un conxunto de tubos que teñen orificios que ocasionan unha división na columna de aire en vibración, que emite sons á octava ou á duodécima do son fundamental.

  4. s m [FÍS/MAT]

    Cada un dos termos da serie de Fourier dunha función (análise de Fourier). O termo da serie, de frecuencia máis baixa, denomínase harmónico fundamental ou primeiro harmónico, termo que corresponde ao valor n=1 do índice de sumatorio; e os outros termos denomínanse harmónicos ou harmónicos do fundamental, por exemplo, o termo que corresponde ao valor n=k do índice de sumatorio é o K-ésimo harmónico ou harmónico de orde k. Todos os harmónicos admiten unha expresión sinuidal. As frecuencias dos harmónicos son múltiplos da frecuencia do harmónico fundamental, e fálase, ao considerar as frecuencias, da frecuencia fundamental e dos seus harmónicos.

  5. s m [LING]

    Membro acústico simple que se integra con outros mediante unhas leis regulares para determinar unha onda composta. A fala humana maniféstase basicamente por ondas compostas, o seu primeiro harmónico cualifica o ton fundamental de cada individuo.

  6. dobramento harmónico [XEOL]

    Aplícase ao dobramento que ten todos os estratos igualmente deformados de xeito que conservan o paralelismo. Só se produce se as capas son, máis ou menos, da mesma consistencia.

Palabras veciñas

Harmodio | harmonía | harmónica | harmónico -ca | harmonio | harmonioso -sa | harmonista