Haro
Haro
Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, situado na ribeira do Ebro e no límite con Euskadi (9.402 h [2001]). A súa economía está estreitamente ligada á viticultura, coa elaboración de caldos da denominación de orixe Rioja. Tamén destacan outros sectores, como o téxtil, o conserveiro e o de embutidos. Do seu patrimonio cultural destacan o convento de San Agustín, a igrexa de Santo Tomás (s XVI) e os palacios dos condes de Haro e de Paternina.