Hārūn al-Rašīda

Hārūn al-Rašīda

Quinto califa abbásida de Bagdad (786-809). Durante o seu reinado, Bagdad converteuse nun importante centro socioeconómico, onde chegaban tributos, como o dos emperadores bizantinos Irene e Nicéforo I, e numerosas embaixadas. Destacou como mecenas ao reunir na súa corte a maioría dos musulmáns eminentes da súa época. En Occidente coñécese por ser o heroe de moitas das historias de As mil e unha noites.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Rayy, Persia