Havel, Václav
Dramaturgo e político. O tema central da súa obra é a crise de identidade do home, reflectida en Ztížená možnost soustředění (A capacidade de concentración proeza difícil, 1968) e Spiklenci (Os conspiradores, 1971). É autor, ademais, de Žebrácka opera (1972), adaptación da obra de Gay, e Vernisáz (A inauguración, 1975), que representan o teatro apelativo contemporáneo. Posteriormente, a súa obra estivo marcada polo compromiso político que adquiriu. Baixo este compromiso publicou títulos como Largo Desolato (1985) e Pikoušení (Tentación, 1989). Tamén escribiu Redevelopment or Slum Clearance (1990) e Three vanëk plays (1990). Elixido presidente de Checoslovaquia en 1989, trala separación da República en 1993 foi elixido presidente da República Checa, cargo que renovou nas eleccións de 1998 e que abandonou en febreiro de 2003. Foi doutor honoris causa por diversas universidades, recibiu a Gran Cruz da Légion de Honneur de Francia (1990) e o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades (1997).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Praga