Havers, condutos de
Havers, condutos de
[ANAT]
Cada un dos condutos situados no centro da substancia fundamental do tecido óseo, que se dispoñen ao seu redor en forma de láminas concéntricas. Cada conduto contén un vaso sanguíneo, unha fibra nerviosa e medula ósea. O conxunto dos condutos e das láminas óseas concéntricas denomínase sistema de Havers, descrito polo médico anatomista inglés Clopton Havers (1655-1702).