Havre, Le
Havre, Le
Cidade e porto do departamento de Sena Marítimo, Alta Normandía, Francia (190.650 h [1999]). Situada á beira dereita do esteiro do Sena, é o segundo porto de Francia, cun destacado comercio transatlántico. As instalacións portuarias desenvólvense en augas altas, cara a Harfleur e Tancarville. É un notable centro industrial conta con construción naval, industria petroleoquímica, mecánica de precisión, de caucho sintético e de automóbiles. A vila foi fundada por Francisco I de Francia en 1517.