Hebeloma

Hebeloma
[FUNGO]

Xénero de basidiomicetos da familia das cortinariáceas. Presentan veo fugaz e cortiniforme que protexe o himenio na súa xuventude, pedicelo confluente, cutícula viscosa de cor parda que se decolora con relativa facilidade, e marxe incurvada con restos de veo. O pé é fibroso e lixeiramente bulboso un pouco máis escuro ca o píleo. Presenta esporada e láminas ferruxinosas na madurez. É un fungo gregario e ectomicorrizóxeno que se desenvolve en aciñeirais e piñeirais.