hebertista

hebertista

(< antropónimo J. R. Hébert)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a J. R. Hébert.

  2. s [HIST]

    Seguidor de J. R. Hébert. Os hebertistas constituíron a á radical dos xacobinos e controlaron o Club des Cordeliers, e a maior parte das sociedades populares. Destacaron P.G. Chaumette e J. Bouchotte. Apoiáronse na súa influencia na Comuna de París, defenderon a taxación e a requisa das provisións, contra os acaparadores e contra os ricos, fronte aos que propugnaron unha política de terror. Baixo a súa presión foron votadas diversas leis e foi instituído o culto á razón. En marzo de 1794 organizaron unha insurrección e Robespierre, a quen acusaban de moderado, fíxoos arrestar e executar, disolvendo o Club dos Cordeliers.

Palabras veciñas

Hebei | Hebeloma | Hébert, Jacques René | hebertista | Hebi ou Ho-pi | hebraico -ca | hebraísmo