heftalita
heftalita
-
adx
Relativo ou pertencente aos heftalitas.
-
s
[ENT/HIST]
Individuo da tribo heftalita.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Tribo turco-mongólica orixinaria de Altai, en Asia Central. Penetrou en Afganistán (484), conquistou o Turkestán ruso durante os ss V e VI e exerceu unha forte presión sobre os sasánidas en Persia e os guptas en India. Iniciaron a súa decadencia no s VII.