Helena
Helena
[ONOM]
Antropónimo feminino procedente do nome latino Helena ou Helene, tomado do grego ἑ λένη; probablemente proceda da fusión das palabras gregas helane ‘facho, tea’ e hele, heile ‘fulgor ou calor do sol’. Ten os hipocorísticos Lenuca e Lele. Na mitoloxía grega, Helena é unha das principais protagonistas da Ilíada de Homero, pois ao ser raptada por Paris, desencadeou a Guerra de Troia. Santa Helena (250-330?) é titular dunha parroquia e celébrase o 18 de agosto.