Helena, santa
Emperatriz romana. De nome Flavia Iulia Helena, foi concubina de Constancio I Cloro e nai de Constantino I o Grande. En 313 converteuse ao cristianismo, seguíu ao emperador a Palestina para buscar alí as reliquias de Cristo e ordenou a construción de basílicas en Roma, Constantinopla e Terra Santa. O seu fillo concedeulle o título de Augusta e gravou o nome dela nas moedas. Segundo a lenda, atopou a cruz de Cristo. Na iconografía viste como emperatriz romana con coroa real na cabeza, ou como as matronas romanas, con toucas mouras ou vestiduras de monxa, e leva como atributos persoais unha gran cruz, unha coroa de espiños e os tres cravos. É titular dunha parroquia e a súa festividade celébrase o 18 de agosto, e na Igrexa Bizantina o 21 de maio.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bitinia