Helios
Helios
Programa de investigación de colaboración alemá e estadounidense no estudo do espazo próximo ao Sol, mediante sondas cósmicas. O Helios 1 foi lanzado o 10 de decembro de 1974; O Helios 2, lanzado o 15 de xaneiro de 1976, describiu órbitas heliocéntricas elípticas, feito que permitiu un grande achegamento ao Sol.