helióstato
helióstato
(< helio- + gr στατός ‘parado’)
s
m
[ASTRON]
Dispositivo que reflicte a luz solar. Consiste, fundamentalmente, nun espello dotado dun certo movemento rotatorio que serve para dirixir os raios do Sol nunha dirección determinada, normalmente un sistema receptor, a pesar do movemento do astro no firmamento. Emprégase en astronomía para observar o Sol, en xeodesia para transmitir sinais luminosos a longa distancia, e nas centrais solares para concentrar os raios do Sol nun punto.