heliotropo

heliotropo

(< gr ἡλιότροπος)

  1. s m [PLANTA]

    Planta herbácea anual con talos erectos, leñosos e ascendentes que alcanzan os 50 cm de altura. Ten moito crecemento secundario con lanuxe nas ramas de color verde agrisadas. As flores son pequenas, de cáliz tubular de color branca azulada e amarelenta con aparencia de veludo. O froito en forma de casulo. Vexeta de xeito espontáneo os cultivos e barbeitos. A especie H. peruvianum ou heliotropo azul, orixinario de Perú, presenta flores azuladas e moi recendentes polo que se cultiva con fins ornamentais.

  2. s m [ASTRON]

    helióstato.

  3. s m [MINERAL]

    Calcedonia de cor verde escura e opaca, presenta numerosas manchas vermellas de pigmentación férrica. É un mineral moi usado en xoiería polo seu fermoso pulido. Os xacementos máis importantes atópanse en Brasil, India e Australia. OBS: Tamén se denomina xaspe sanguíneo ou sanguina.

Palabras veciñas

heliotropina | heliotropismo | Heliotropium | heliotropo | heliozoo | heliporto | Helix