heliporto
heliporto
(< heli- + porto)
s
m
[AERON]
Aeródromo ou área definida sobre unha estrutura artificial elevada ou en superficie, destinada exclusivamente á chegada, saída ou movemento en superficie dos helicópteros, podendo dispoñer de edificios, equipamentos e instalacións de carácter fixo. Pode ser temporal e referirse á superficie de terreo que reúne as condicións mínimas de seguridade para ser utilizada polos helicópteros, normalmente en actividades ligadas a operacións de prevención, vixilancia e extinción de incendios, actividades recreativas ou de transporte.