Helix

Helix
[ANIMAL]

Xénero de gasterópodos pulmonados pertencente á familia dos helícidos. Presenta cuncha comprimida e helicoide que permite aloxar a todo o animal. Posúe dous pares de tentáculos de diverso tamaño dispostos en parella, no extremo dos posteriores están os ollos. O orificio xenital atópase preto da base do gran tentáculo dereito e o estigma pulmonar sobre o colar. Algúns son identificados como hospedadores intermediarios de trematodos, cestodos e nematodos así como portadores de ácaros, fungos e protozoos. Este xénero engloba miles de especies pero a que está máis amplamente distribuída pola Europa Meridional é H. aspersa, especie que precisa climas temperados ou subtropicais podendo ser orixinaria do Magreb. Especie moi utilizada en alimentación.