helmo

helmo

(< xerm hĕlm)

s m [BÉL]

Casco que formaba parte da armadura de guerra que cubría a cabeza e o rostro. Constaba de tres pezas: o morrión que cubría a cabeza, a viseira para protexer a parte superior da cara, e a babeira, para gardar a queixada.

Formas incorrectas

elmo