Helsingborg

Helsingborg

Cidade do condado de Malmöhus, Suecia, no län de Escania (117.737 h [2000]). Situada no estreito de Resund, é un núcleo industrial importante, con construción naval, industria electromecánica e do calzado. Do seu patrimonio cultural destacan a Mariakyrkan (s XIV), a torre Kärnan (s XVII) e o castelo de Sofiero (s XIX).