Helsingør

Helsingør

Cidade da illa de Sjaelland, Dinamarca (60.131 h [2001]). Porto industrial e comercial ao N de Sjaelland, ten numerosos balnearios, que o converten nun centro turístico importante. Do seu patrimonio cultural destacan os castelos de Kronborg (s XVI), declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade (2000), e o de Marienlyst (ss XVI-XVIII).