Hendricks, Barbara

Hendricks, Barbara

Soprano estadounidense. Estudiou canto na Julliard School de Nova York. En 1974 debutou na Ópera de San Francisco e, a partir dese momento, proxectou a súa carreira internacionalmente. O seu repertorio inclúe máis de vinte títulos de óperas e tamén comedias americanas, melodías francesas e espirituais negros. Cantou oratorios con Leonard Bernstein, Zubin Metha, George Solti, Claudio Abbado ou Herbert Von Karajan. É embaixadora de Boa Vontade do Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados. Tamén é asesora de Relacións Interculturais da UNESCO, membro do Tribunal Internacional para os Dereitos Infantís creado pola Asociación de Acción Humanitaria e doutora honoris causa polas universidades de Louvain e Nebraska. Está en posesión, entre outras distincións, da Légion d’Honneur, da Orde de Comendador das Artes e das Letras de Francia e do Premio Príncipe de Asturias das Artes (2000).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Arkansas