Henríquez Salido, María do Carmo

Henríquez Salido, María do Carmo

Lingüista. Doutorouse en Filosofía e Letras, sección de Filoloxía Románica, pola Universidade de Santiago de Compostela (1972). Desde 1993 é catedrática de Filología Española na Universidade de Vigo. Pertence a varias sociedades, entre elas, a Sociedad Española de Lingüística (1972), Asociación de Escritores en Língua Galega (1980), Associaçom Galega da Língua (presidenta desde 1983) e Societé de Linguistique Romane (1989). É membro do Pen Club de Brasil (1993). Destacan as súas obras Léxico de O Grove (1974), Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983), Prontuário ortográfico galego (1985), Guia prática de verbos galegos conjugados (1988), Poder, ideologia e língua (1991), La sufijación en el léxico de la Jurisprudencia y de la Legislación (1999) e El vocabulario jurídico en el “Dicionário da Academia das Ciências de Lisboa” y en el “Dicionario de la Real Academia Española” (2002). Recibiu a Medalla Óskar Nobiling da Sociedade Brasileira de Língua e Literatura (1986).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mugardos