Heraldo Orensano

Heraldo Orensano

Semanario editado en Ourense a partir de 1928. Cesou a súa edición o 13 de outubro de 1930. Fundado e dirixido por Xosé Fernández Gallego, na súa elaboración participaron destacados membros da intelectualidade ourensá da época. En 1930 foi substituído por Heraldo de Galicia.