Heraldo Ortigueirés

Heraldo Ortigueirés

Publicación trimestral editada en La Habana a partir de febreiro de 1941. Cesou a súa edición en xuño de 1959. Dirixida en distintas épocas por Xosé Abella, Enrique Abesú e Vicente P. Balteiro, exerceu como voceiro oficial da Sociedad Naturales del Ayuntamiento de Ortigueira. Incluía información da asociación, biografías e artigos xurídicos, pedagóxicos e históricos.