Heras, Guillermo

Heras, Guillermo

Actor e director de escena. Realizou estudios de arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e iniciou a súa carreira profesional coa compañía Tábano, dirixindo espectáculos como La ópera del bandido, El retablo de las maravillas, Un tal Macbeth ou Se vive solamente una vez. De 1984 a 1994 dirixiu o Centro Nacional de Nuevas Tendencias Escénicas e deu a coñecer a obra de autores como Álvaro del Amo, Pasolini, Koltés, Steven Berkoff, Francisco Nieva ou Sergi Belbel, ao tempo que promoveu coproducións con outras compañías, como o Centro Dramático Galego, e prestou especial atención á promoción de novos autores a través da Mostra de Teatro Contemporáneo de Alacant. Impartiu seminarios e cursos de formación en Europa e América, potenciou diversas iniciativas editoriais para dar a coñecer novos textos. Dirixiu diversos espectáculos, entre os que destacan Nosferatu (1994), Los Malditos (1999) ou Rottweiler. En 1998 dirixiu Memoria de Antígona para o Centro Dramático Galego. En 1994 recibiu o Premio Nacional de Teatro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid