Herbón, Santa María de
Herbón, Santa María de
Igrexa parroquial situada en Padrón. Trátase dun templo románico da segunda metade do s XII. Ten unha soa nave e unha ábsida que, no exterior, aparece dividida en tres tramos por dúas semicolumnas pegadas. O arco triunfal é semicircular. A portada principal está formada por unha tripla arquivolta e está flanqueada por arcos cegos semicirculares. A espadana é de dous vans.