herdanza
(< herdar)
-
[DER]
-
s
f
Dereitos, obrigacións e bens que, unha vez morto o titular, poden ser transmitidos a un terceiro, herdeiro ou legatario. Os dereitos e as obrigacións (activas ou pasivas) deben ser persoais. O sucesor recibe o nome de herdeiro ou legatario, dependendo de se a sucesión leva un título universal ou particular. Unha vez declarada a sucesión hai unha chamada ao sucesor, coñecida como delación, en que o herdeiro pode aceptar ou repudiar a herdanza. Desde o momento da morte ata que alguén se fai cargo da herdanza dise que a herdanza está xacente. OBS: Tamén se denomina herdo.
-
herdanza mutual
Institución contractual recíproca de herdanza entre os esposos a favor de quen sobreviva.
-
s
f
-
s
f
Aplícase ao que procede do pasado e que se transmite á posteridade.
Ex: Aínda pervive a herdanza do colonialismo.
Sinónimos: herdo. -
s
f
[XEN]
Fenómeno de transmisión dun conxunto de caracteres conxénitos entre os individuo dunha determinada especie. Cada grupo de seres vivos presenta unhas características moi estables, que son os definidores de grupos, e que tansmite aos descendentes. Dentro dunha especie determinada hai unha variabilidade nos caracteres non específicos susceptible de perpetuarse nos descendentes a través duns mecanismos de transmisión chamados xenes. A herdanza mendeliana explica que cada carácter está controlado por unha parella de factores, e cada factor preconiza un aspecto determinado deste carácter. Se un individuo ten dous factores iguais para un determinado carácter chámase homocigoto ou raza pura, e se os ten diferentes, heterocigoto ou híbrido. Hai que distinguir a herdanza dominante, en que os individuos heterocigotos presentan o aspecto do carácter preconizado por un só factor, e a herdanza intermedia, en que os indiviudos heterocigotos presentan un aspecto intermedio preconizado por cada un dos factores. Actualmente, a partir dos estudios de Morgan, sábese que estes factores de Mendel van nos cromosomas e reciben o nome de xenes, aínda que posteriormente, cos estudios de Watson, Crick e outros, viuse que os xenes non son máis que zonas da cadea de ADN (chamadas locus) que forman cada cromosoma. Entre os diversos descubrimentos que ultimamente cambiaron os esquemas mendelianos destacan a interacción xénica, os linkages (ou herdanza ligada), a herdanza ligada ao sexo como un caso particular da herdanza ligada, a mesma herdanza do sexo (que depende do nome respectivo de cromosomas heterosexuais X e Y que ten cada individuo, ou ben da relación entre o número de autosomas e de heterocromosomas, que se diferencian segundo os grupos de animais) e o fenómeno da poliploidia e da herdanza extracromosómica ou citoplasmática, que radica fóra dos cromosomas, nunha serie de corpúsculos onde está o ADN, como mitocondrias, cloroplastos ou episomas. Á parte, no citoplasma, hai uns elementos reguladores que modifican ou suprimen a acción xénica. Os diferentes sistemas de herdanza citoplasmática extracromosómica interaccionan coa acción dos xenes, e en moitos casos fan que esta se manifeste só en determinadas células dun individuo, o que ten unha influencia evidente nos procesos de diferenciación celular. Todos estes feitos fan que sexa apropiado o nome de sistemas epixenéticos proposto para estes sistemas citoplasmáticos ou extracromosómicos. OBS: Tamén se denomina herdo.