herdeiro -ra

herdeiro -ra

(< lat hereditarĭu)

s [DER]

Persoa que recibe unha herdanza, integramente ou en parte, por disposición testamentaria ou legal, a título universal (dereitos ou bens). Se concorren dous herdeiros ou máis, declárase herdeiro a quen ten todos os dereitos ou partes alícuotas. O herdeiro a título universal é diferente do legatario, que o é a título particular ou singular.

Refráns

  • As bágoas do que herda son risa encuberta.
  • Garda o gardador para o bo gastador.

Palabras veciñas

herdade | herdanza | herdar | herdeiro -ra | Herder, Editorial | Herder, Johann Gottfried von | herderita