Hermano Lobo
Hermano Lobo
[PUBLIC]
Revista de humor satírico creada en Madrid en maio de 1972 polo humorista Chumy Chúmez. Xurdida en pleno declive de La Codorniz, foi unha publicación en que prevaleceron as ilustracións de gran tamaño sobre os textos, emulando ao semanario francés Charlie Hebdo. Apareceu durante unha suspensión administrativa da revista Triunfo, ambas pertencentes ao grupo Prensa Periódica. Ops, Forges, Perich ou Cándido foron algúns dos humoristas que pasaron polas súas páxinas.