Hermida García, Modesto
Escritor e investigador. Inspector de educación, director da colección “Narrativa de Onte” da Editorial Galaxia e asesor de Literatura da Enciclopedia Galega Universal (EGU). Estudiou maxisterio en Ourense e Filoloxía Románica nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Membro destacado do Círculo Ourensán-Vigués, exerceu como director literario de Ir Indo Edicións. Colaborou en diversas publicacións, como Boletín galego de literatura, Dorna, Faro de Vigo e Grial. Coñecedor e estudoso da obra de Rosalía de Castro, Castelao, Celso Emilio Ferreiro e da narrativa do Rexurdimento, publicou diversos artigos especializados e os libros Castelao e Os dous de sempre (1980) e Castelao para nenos (1988). Reflectiu as súas investigacións no campo da prensa periódica en As revistas literarias en Galicia na Segunda República (1987). Participou nos proxectos de Lingua Galega 6 (1981) e Lingua Galega 8 (1984) para SM Ediciones. Ademais, foi o responsable das edicións de Non agardei por ninguén (1989), de Ramón de Valenzuela, e A besta (1993) e A campaña de Caprecórneca (1994), de Xan de Masma. En colaboración co Centro Ramón Piñeiro dirixiu os proxectos Obra narrativa en galego de Aurelio Ribalta y Copete (2000) e Relatos e outras prosas de Roque Pesqueira Crespo (2001).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vales, San Cristovo de Cea