Herne
Herne
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na conca do Ruhr (175.661 h [2000]). A expansión urbana produciuse como consecuencia do descubrimento, no s XIX, de xacementos de carbón. Ten fundicións, industria química e mecánica, e factorías téxtiles.