Herón de Alexandría

Herón de Alexandría

Matemático e inventor grego. Foi o inventor de máquinas como a dioptra, o odómetro (sistema de engrenaxes combinadas para contar as voltas dunha roda) e a eolipila, quizais o máis importante, precursora da turbina de vapor. Estableceu unha fórmula para obter a área dun triángulo (fórmula de Herón) e un método aproximativo para calcular as raíces cadradas e cúbicas. Encontrou solucións alxébricas das ecuacións de primeiro e segundo grao. Entre as obras de carácter científico que se lle atribúen destacan Métrica, manuscritos con finalidade práctica onde se estudian áreas, volumes e división de figuras en partes proporcionais; Mecánica, en que se estudian as proporcións das figuras, as maquinas simples e as aplicacións da mecánica; Pneumaticorum libri duo, libro técnico sobre pneumática que no prefacio trata o concepto de baleiro por primeira vez; Catóptrica, que trata os espellos planos, cóncavos e convexos; e Dioptra, sobre o uso deste aparello utilizado nas observacións astronómicas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ascra

  • Deceso