Herrera, Juan de

Herrera, Juan de

Mestre de obras. Activo en Galicia desde 1561, en Ourense restaurou a ponte maior e trasladou o castelo. Traballou no claustro da catedral de Santiago de Compostela nas obras do peche polo oeste (1566) e substituíu a Rodrigo Gil de Hontañón como mestre maior das obras da catedral compostelá, onde deu as trazas da reconstrución da capela de San Pedro da Cerca. Mestre de obras da cidade de Santiago de Compostela (1570), trazou o retablo da capela do colexio de Fonseca (1571). Realizou diversos traballos de restauración na catedral de Ourense (1572-1573) e iniciou o claustro procesional do mosteiro de Santa María de Monfero (1574). No campo da enxeñería, interveu en diversos traballos nas pontes de Ledesma, Portodemouros e Betanzos. Atribúeselle a sancristía da igrexa do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gajano, Cantabria

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela