Herrero Fuentes, Ignacio

Herrero Fuentes, Ignacio

Mestre. Durante a Segunda República foi mestre en Tamallancos e foi un dos principais dinamizadores da ATEO e da súa revista Escuela del Trabajo. Destacou polas súas preocupacións filolóxicas e publicou artigos en La Zarpa (desde 1930), co alcume de Doctor Íñigo, e os folletos La investigación filológica, Las Jergas gallegas e Vocabulario típico panameño, no exilio en Panamá (desde 1941) . Foi un dos represaliados da revolución de outubro (1934) e pasou uns meses no cárcere. Durante o seu exilio en Venezuela foi profesor no Instituto de Cojedes, onde publicou o libro Historia de San Carlos de Cojedes. No terreo pedagóxico, centrou o seu interese nas cuestións didácticas e metodolóxicas dos militantes da ATEO. Dinamizou a formación do profesorado a través de Centros de Colaboración Pedagóxica, antes de que o propio ministerio os crease, e publicou series de artigos didácticos titulados “Por la Revolución didáctica” en Escuela del Trabajo, que contiñan novidosos métodos de lectura e escrita. Xuntamente con Luís Acuña promoveu a celebración do Concurso de Contos Proletarios para Nenos (1934).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ourense