Hespérides
Buque de investigación oceanográfica. Ten unha eslora total de 82,5 m e unha manga máxima na cuberta principal de 14,3 m. A distancia da cuberta principal á quilla é de 7,35 m. A súa velocidade máxima é de 15 nós e a de cruceiro entre 12 e 13 nós. Pode navegar entre xeos de 40 cm de espesor a unha velocidade de 5 nós. Presenta unha autonomía de 12.000 millas náuticas e un desprazamento de 2.666 t. A súa dotación compóñena 58 tripulantes e os camarotes permítenlle acoller ata 29 científicos. O feito de incorporar as últimas tecnoloxías e xunto co seu deseño, fai que estea considerado polos especialistas coma un dos mellores buques oceanográficos do mundo. Desde a súa innauguración permitiu abordar investigaciones científicas nos eidos da oceanografía física, da bioloxía mariña, da xeofísica e da xeoloxía mariña, ademáis de realizar un labor fundamental no apoio loxístico e científico das bases antárticas españolas. Así, en xaneiro de 1988 inaugurouse a base antártica española Juan Carlos I, e asinouse un acordo entre a Empresa Nacional Bazán e o Consello Superior de Investigacións Científicas para a construción dun buque oceanográfico de gran porte, o Hespérides, que foi botado en Cartagena o 12 de marzo de 1990 e entregado definitivamente á Armada en maio de 1991.