hesperidio

hesperidio

(

s m [BOT]

Froito sincárpico que procede dun ovario súpero pericarpelar, de epicarpo delgado e rico en aceites esenciais, de mesocarpo esponxoso e de endocarpo membranoso con numerosos elementos celulares engrosados cheos de zume. O endocarpo é a parte comestible e atópase compartimentado de xeito similar a unha laranxa. É característico dos cítricos.