Hewish, Anthony
Hewish, Anthony
Astrónomo británico. Estudiou na Universidade de Cambridge, onde se doutorou en 1958. En 1967, axudado polo seu equipo de radioastronomía, detectou impulsos de microondas procedentes dun punto situado entre as estrelas Vega e Altair. A regularidade dos impulsos era incrible e a enerxía requirida para envialos era enorme, polo que Hewish supuxo que tiñan que provir dunha estrela, á que lle deu o nome de púlsar, do inglés pulsating star ‘estrela pulsante’. Na actualidade coñécense centos de púlsares, que se identifican con estrelas de neutrons. En 1974 recibiu o Nobel de Física, compartido con Martin Ryle, polos avances obtidos no deseño e uso dos radiotelescopios.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Fowey, Cornualla